Nós

Introdución

A asociación Mulleres Rurais de Galicia (AMURUGA) é unha entidade sen ánimo de lucro e totalmente independente que agrupa a un amplo número de mulleres que nace no ano 2015 cun claro e primeiro obxectivo: que as mulleres rurais deixen de ser invisíbeis e que a súa voz se escoite.

A maior parte da mulleres rurais desenvolven o seu traballo na explotación familiar agraria, padecendo todos os inconvintes de traballar pero ningunha das súas vantaxes, posto que o traballo non lles reporta – de forma directa e persoal- remuneración, dereitos sociais ou identidade profesional.

As mulleres rurais queren a igualdade de oportunidades entre o medio urbano e rural e para acadala é necesaria a mellora da vida diaria das mulleres rurais e das súas familias e, ademáis, é fundamental a información e a formación.

Mostra clara da nosa vocación é a inscripción da entidade en diferentes rexistros da Xunta de Galicia, destacando como:

Entidade Colaboradora da Consellería do Medio Rural para a realización de actividades de formación continua e transferencia tecnolóxica en materia agraria,co número ECMR_128/18.

Entidade Prestadora de Servizos Sociais da Consellería de Política Social, na categoria: INICIATIVA SOCIAL e na área estratéxica de actuación de IGUALDADE, co o número E-7013.

Os nosos principais obxectivos son:

  • Representar, xestionar e defender os dereitos e intereses das mulleres rurais e das súas familias.
  • Procurar a igualdade de oportunidades da muller rural e a súa equiparación co medio urbano.
  • Contribuír en todas as formas e por todos os medios apropiados á formación profesional, técnica, social e cultural das mulleres e familias do ámbito rural.
  • Fomentar todo tipo de accións formativas, culturais e sociais co propósito de mellorar a calidade de vida da muller rural.
  • Divulgar coñecementos científicos e tecnolóxicos relativos ás Novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (NTIC)
  • Concienciar ás  mulleres, e aos habitantes do rural en xeral, da importancia do asociacionismo como motor para a transformación deste ámbito.
  • Fomentar e facilitar o acceso das mulleres a unha formación permanente.
  • Fomentar a participación das mulleres nas asociacións profesionais e económicas.
  • Incorporar á muller rural aos procesos de conservación dos recursos naturais e de protección do medio ambiente, garantindo un desenvolvemento sostible.
  • Impulsar o desenvolvemento da xente nova do medio rural.
  • Apoiar o carácter emprendedor e empresarial das mulleres rurais .
  • Erradicación da violencia de xénero que se exerce contra as mulleres.
  • Desenvolver iniciativas dirixidas a frear o éxodo rural, manter o arraigo da poboación e fomentar a creación de emprego.

O labor de Asociación Mulleres Rurais de Galicia céntrase sobre todo na información e formación das  mulleres rurais.

Información

Ofrecemos Información sobre todas as cuestións que preocupan á muller rural: formación, emprego, xestión empresarial, sector agrario, igualdade de oportunidades, violencia de xénero, convocatorias, axudas e subvencións, etc.

Formación

A formación é un dos nosos piares básicos.

Traballamos en programas dirixidos á inserción sociolaboral das mulleres rurais, impulsando a súa incorporación e mantemento no mercado laboral a través da formación en novos nichos de emprego ou autoemprego. A nosa vocación é mellorar a formación, o desenvolvemento sostible e a calidade de vida da poboación rural en xeral e das mulleres en particular.

A formación desenvólvese nas zonas rurais e axústase ao horario das alumnas.

Organizamos cursos, seminarios, charlas e xornadas dirixidas a todas as mulleres e familias do ámbito rural tanto presenciais como on-line.

Destacamos:

  • Incorporación á Empresa Agraria.
  • Informática e Novas Tecnoloxías da Información.
  • Transformación, comercialización e marqueting de produtos agrarios autóctonos.
  • Diversificación de actividades económicas no medio rural. Autoemprego. Cooperativismo.
  • Desenvolvemento rural sostible. Autoemprego. Cooperativismo.
  • Aproveitamentos non madereiros do monte. Autoemprego. Cooperativismo.